9) Topoloxía dunha rede
- Definición detallada e debuxo esquemático das redes en anel e as redes en estrela.
-Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.
- Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula no seu sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
- Rede en estrela: Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable (un problema de comunicación non bloquea toda a rede), segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP.
- Definición completa de hub e switch:
- Hub ou concentrador; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
- Switch ou conmutador; ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
No comments:
Post a Comment