Video: Os Suaves

Friday, February 10, 2012

5) Discos magnéticos

  • Estructura dun Disco magnético: 
 -A estrutura física dun disco magnético é similar en todos eles, con algunhas pequenas diferenzas.
-A continuación indícanse algúns conceptos básicos:

Caras: son as superficies superior e inferior de cada disco.
Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.
Cilindros: no caso de discos duros, e posto que estes teñen varios discos, aparece o concepto de cilindros para designar aos distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.
  •  Discos duros: como están formados e como almacenan información? ¿cal é a capacidade actual? Características e tipos de discos duros IDE.
Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado d¡sco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os discos duros externos.
Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
Ao igual que nos discos flexibles, a información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro, que día a día, aumenta vertixinosamente, sendo habitual falar de discos duros de, ou GB, e mesmo de 1TB.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos; na actualidade, os mais utilizados son os discos IDE ( EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo hai varias clasificacións que se diferencian sobre todo, na velocidade de transferenca de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66.... O útlimo en aparecer ten sid o Serial-ATA.
  • Discos Duros: debuxo esquemático dos seus compoñentes:

    No comments:

    Post a Comment