- Resolución, ¿En qué se mide? e ¿En qué se diferencia a dunha impresora da dun escáner?:
-A resolución do escáner mídese en puntos por polgada (ppp); canto maior sexa este valor, máis puntos gráficos terá a imaxe no mesmo espazo físico, é dicir: maior ou menor calidade.
-A diferencia está, en que a impresora, aparte de que a resolución pódese medir en PPP, tamén se pode medir en dpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha pulgada.
- Unidades da velocidade de impresión:
- Funcionamento da impresora láser:
- Funcionamento do escáner:
1) Transformación da imaxe en sinais eléctricos; para este labor, o escáner dispón de sensores CCD (Chrage Coupled Device) que reciben a luz reflectida pola imaxe nun xogo de espellos. Estes sensores son capaces de diferenciar a intensidade e a cor da imaxe.
2) Conversión dos sinais eléctricos creados polos sensores CCD en información dixital; esta tarefa é realizada por un convertedor analóxico/dixital denominado DAC (Dixital Analog Converter).
- Funcionamento do Plotter:
Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos,curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.
- Técnica do Microfilme:
As páxinas de información son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1,5 cm^2, que posteriormente son agrupadas en fichas (cada unha destas fichas contén aproximadamente cen imaxes). Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.






