Video: Os Suaves

Monday, April 30, 2012

Grabación de son



Dixitalización do son
-Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter a sinais analóxica dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...

A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior n.º de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis se parecerá o son real.

Formato de son:

-Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Algúns dos formatos de audio máis utilizados son:

WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
MIDI: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos real, aínda que teñen peor calidade.
MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio:Es un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.

Grabacións:

  • Música:
Audacity: é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.



  • CD de audio:Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer ou programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.
En Windows, o reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3.

-En Linux, un exemplo é Sound Joicer.
  • Voz:  Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.


Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón (Gravar) para realizar a gravación.

  • Tarxeta de Son: 







No comments:

Post a Comment